Conferencia Ramón Máiz – UNHA INTERPRETACION FEDERAL DA AUTONOMÍA DE GALICIA
Argumentaremos nestas páxinas que para o cumprido desenvolvemento, a día de hoxe, da Autonomía de Galicia, un horizonte político federal resulta coherente, desexable, posible e quen de ser concretado con precisión. O noso punto de partida non pode ser mais que unha avaliación crítica pero moi positiva do autogoberno acadado ata hoxe. Malia a longa hexemonía liberal-rexionalista na traxectoria política da Comunidade, resulta patente o alto grao de institucionalización do noso sistema tanto desde o punto de vista dos órganos democráticos de decisión como dos actores e da sociedade civil, a extraordinaria solidez, a rica experiencia acumulada, a capacidade de innovación e aprendizaxe do autogoberno construído ó abeiro do Estatuto de Autonomía de Galicia. O resultado destes corenta anos é, coas súas luces e as súas sombras, unha historia de…