Conferencia «Polarización territorial en España e outros desafíos do modelo autonómico»

Conferencia «Polarización territorial en España e outros desafíos do modelo autonómico»

180 180 people viewed this event.

O próximo martes 20 de maio ás 19.00 h na Rúa do Vilar, 19, terá lugar a conferencia «Polarización territorial en España e outros desafíos do modelo autonómico» impartida por Sandra León que será presentada por Ramón Máiz Suárez, catedrático emérito de Ciencia Política da USC e presidente da Asociación Federalista de Galicia.

Sandra León é científica política na Universidade Autónoma de Madrid, especializada en Política Comparada, Federalismo e Descentralización. Ten publicados máis de 60 traballos de alto impacto, incluída unha monografía galardoada, e numerosos artigos en revistas académicas de primeiro nivel.

Ademais liderou diversos proxectos de investigación en colaboración con institucións públicas e impartiu conferencias en centros internacionais como Stanford, Oxford e London School of Economics.
Foi directora do Instituto Carlos III-Fundación March, e do Máster en Ciencias Sociais da Universidade Carlos III, así como  profesora titular na Universidade de York (RU). Tamén impartiu docencia na Universidade de Colonia e na Universidade Mayor de San Andrés (Bolivia).

O seu labor investigador e docente compleméntase cunha destacada traxectoria como analista política e profesional no ámbito público. Foi directora xeral do Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil no Ministerio de Presidencia.

Máis alá do ámbito académico, ten participado activamente no debate público en España como columnista semanal durante dous anos no diario El País e como analista habitual en televisión, radio e prensa. O seu traballo foi citado en The GuardianThe Economist, Financial Times, e The New York Times.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

20/05/25 ás 19:00
 

Tipo de evento

Compartir