Conferencia «Democracia, desigualdade e medio ambiente. A necesidade dun federalismo social» de Nicolás Sartorius

Conferencia «Democracia, desigualdade e medio ambiente. A necesidade dun federalismo social» de Nicolás Sartorius

60 60 people viewed this event.

O luns, 24 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia, teñen programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Democracia, desigualdade e medio ambiente. A necesidade dun federalismo social», que estará impartida por Nicolás Sartorius, avogado, escritor e cofundador de CCOO.

Nicolás Sartorius (San Sebastián, 1938), avogado, político e ensaísta español, cursou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Activo militante antifranquista, durante a ditadura foi detido e condenado en varias ocasións debido á súa postura política, sendo un dos imputados no coñecido como Proceso 1001. Cofundou o sindicato de traballadores Comisións Obreiras, dende o que participou activamente nas negociacións políticas durante a Transición, e foi deputado no Congreso durante tres lexislaturas, chegando a ser voceiro parlamentario ata 1993. Durante 20 anos foi vicepresidente executivo da Fundación Alternativas, renunciando ao cargo en 2018. Autor de diversos libros e artigos sobre temas como o socialismo, o sindicalismo, a ditadura, a transición e a linguaxe en política, tamén colabora en xornais como El País. Nos últimos anos dedicouse á análise da política internacional e de seguridade, tendo publicado recentemente a obra La democracia expansiva.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

24/11/25 ás 19:30
 

Tipo de evento

Compartir