
Conferencia «Federalismo sanitario. Vantaxes e tensións. España en perspectiva comparada»
Os sistemas sanitarios en países federales ou descentralizados enfrontan algunhas tensións e dilemas fundamentais que se derivan da propia natureza das políticas sanitarias, por exemplo: cómo conciliamos a autonomía territorial coa cohesión ou a garantía de equidade no acceso á saúde? Esta conferencia examinará as principais vantaxes e tensións do federalismo sanitario dende unha perspectiva comparada, situando o modelo español autonómico no contexto doutras experiencias federales. Mirando ao noso modelo e a outros países, identificaranse os problemas principais, os riscos da fragmentación e os mecanismos de coordinación utilizados en diferentes sistemas para darlles resposta. Despois de máis de dúas décadas de transferencias completadas, persisten vivos debates sobre a equidade entre CCAA, a sostenibilidade do modelo de financiación, e a capacidade real de coordinación do sistema en materia de saúde pública ou atención sanitaria. A pandemia de COVID-19 actuou como unha proba de estrés, revelando tanto fortalezas como debilidades estructurais do noso modelo autonómico sanitario. Faráse referencia tamén a algunhas posibles reformas institucionais que se teñen suxerido no debate dos expertos e a súa posible viabilidade e efectividade.
César Colino é profesor titular de Ciencia Política e da Administración na UNED. Foi profesor na Universidade de Salamanca e na Autónoma de Madrid, investigador contratado no Instituto de Investigación para a Administración Pública, en Speyer Alemaña (2000), e investigador invitado no Instituto Max-Planck para o Estudio da Sociedade en Colonia (1997), así como profesor visitante na Universidade Técnica de Darmstadt (2016). Foi investigador visitante nas universidades de Burdeos, Kent, Ottawa e Oxford. As súas investigacións e publicacións xiraron arredor das políticas públicas e administracións comparadas e os sistemas federales comparados.Ten publicado sobre a xestión da diversidade, as relacións intergubernamentais e as reformas constitucionais nos sistemas federales, así como sobre o federalismo fiscal e os efectos das crises, concentrándose especialmente nos casos español, alemán e canadiano. Recentemente, creou e dirixe o Centro de Investigación de Gobierno Multinivel y Políticas Territoriales da UNED, que ten como obxectivo abordar cuestións relacionadas coa organización territorial do poder e as reformas institucionais.
