Conferencia «Novo pacto sobre a migración e exilio en Europa»
29
29 people viewed this event.
O próximo xoves, 4 de maio, terá lugar ás 19:30 unha conferencia titulada «Novo pacto sobre a migración e exilio en Europa», en colaboración co Ateneo de Santiago.
A conferencia estará impartida por Juan Fernando López Aguilar, catedrático de Dereito Constitucional, ex-ministro de Xustiza e eurodeputado, e presentada por Emilio Pérez Touriño, ex-presidente da Xunta de Galicia.
Terá lugar na sede Afundación, sita na Rúa do Vilar, 19.