
Conferencia «O dilema político de Escocia. Entre o Reino Unido e a Unión Europea» de Michael Keating
A Asociación Federalista de Galicia e a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC acollen a conferencia
O dilema político de Escocia: Entre o Reino Unido e a Unión Europea
que será impartida por Michael Keating, catedrático emérito das Universidades de Edinburgo e Aberdeen e doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (2023).
Lugar: Salón de Graos, Facultade de CC Políticas, Campus Vida
Día: Xoves, 20 de novembro de 2025
Hora: 12.30 h
Lingua: Castelán
Ao longo da súa brillante traxectoria, Michael Keating ten destacado polo seu compromiso coa excelencia académica, pola súa ampla proxección internacional como asesor de diversos gobernos e parlamentos e polo seu índice de impacto no ámbito da Ciencia Política europea. A súa contribución ó avance do coñecemento sobre a gobernanza territorial, os nacionalismos e a estrutura territorial dos Estados modernos, nomeadamente Canadá, Reino Unido e España, é amplamente recoñecida.
