Estado de Benestar e Pacto Social

Estado de Benestar e Pacto Social

38 38 people viewed this event.

O martes, 20 de maio, ás 19.30h a Asociación Federalista de Galicia ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Estado de Benestar e Pacto Social», que estará impartida por Margarita León, catedrática de Ciencias Políticas na Universitat Autònoma de Barcelona.

Margarita León é catedrática de Ciencias Políticas na Universitat Autònoma de Barcelona e directora do  Institut de Govern i Polítiques Públiques (IGOP) da mesma universidade. É doutora en Política Social pola London School of Economics (Reino Unido); investigadora post-doutoral no Instituto Universitario Europeo (Florencia, Italia) e do 2004 ao 2010 foi profesora de política social comparada na Universidade de Kent (Reino Unido). Foi profesora visitante nas universidades de Berkeley, California (Fulbright, 2018), Oslo (2022) e Oxford (2025). En 2019, recibiu o premio ICREA ACADEMIA á excelencia investigadora por un período de 5 anos. Do 2021 ao 2025 foi directora académica da Universidad Internacional Menéndez Pelayo-Centre Ernest Lluch (CUIMP-B). O seu ámbito de investigación é a política social comparada. Ten publicado numerosos artigos, capítulos de libros e libros de carácter científico e ámbito internacional e participado en proxectos internacionais competitivos. O seu último libro, de carácter divulgativo “El Arte de Pactar, Estado de Bienestar, Desigualdad y Acuerdo Social” foi publicado por Ediciones La Catarata no ano 2023. 
A conferencia analiza os principais retos do Estado de Benestar no contexto actual, marcados polo cambio demográfico, a transformación tecnolóxica e a globalización. Así mesmo, aborda as dificultades para alcanzar acordos políticos nun escenario de crecente polarización. Cunha vocación propositiva, plantea a necesidade de renovar o pacto social. Neste sentido, explóranse claves para unha reforma do Estado de Benestar orientada á inversión social e a capacitación. Finalmente, destácase a importancia de fortalecer estruturas de gobernanza multinivel para responder ás novas demandas sociais.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

12/05/26 ás 19:30
 

Tipo de evento

Compartir