Seminario Europa: A innovación na política rexional europea a exame dende Galicia

Seminario Europa: A innovación na política rexional europea a exame dende Galicia

67 67 people viewed this event.

O próximo xoves, 14 de novembro, ás 19:30, celebraremos unha nova edición do Seminario Europa, nesta ocasión centrado en “A innovación na política rexional europea a exame dende Galicia”. O evento terá lugar en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia e contará coa presenza da destacada académica María del Carmen Sánchez-Carreira, Profesora Titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

María del Carmen Sánchez-Carreira é Doutora en Economía e ten ampla experiencia en temas de políticas de innovación, desenvolvemento rexional e avaliación de políticas públicas. É experta en compra pública de innovación e na análise do seu impacto, así como en investigacións vinculadas aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, desigualdades, Estado de Benestar, educación e políticas sociais, entre outros. Ademais de contribuír a proxectos de investigación, incluíndo proxectos internacionais, é autora de artigos, libros e capítulos especializados. Forma parte do Grupo de Investigación ICEDE e do Centro Singular CRETUS, ambos da USC, e realizou estancias en prestixiosos centros de investigación nacionais e internacionais, ampliando así a súa contribución ao ámbito da innovación e o cambio estrutural.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

15/11/24 ás 19:30
 

Lugar

Online Event

Compartir