Seminario Europa: Eleccións europeas. A Eurocámara e a súa administración parlamentaria

Seminario Europa: Eleccións europeas. A Eurocámara e a súa administración parlamentaria

92 92 people viewed this event.

O próximo mércores, 15 de maio, terá lugar ás 19:30 unha nova sesión do Seminario Europa, en colaboración co Ateneo de Santiago.

O acto contará coa presenza de David Rodríguez Guillén, doutor en Comunicación pola Universidad Autónoma de Barcelona, cunha tese sobre a política de comunicación da Unión Europea.

Cursou o mestrado de estudos europeos no Colexio de Europa de Bruxas. É licenciado en Ciencias
Políticas e da Administración pola Universidad de Murcia.

Dende o ano 2011, desenvolve a súa actividade profesional nas institucións da Unión Europea: primeiro, na Comisión Europea, na Dirección Xeral de Transporte e Enerxía; a continuación, dende 2015, ocupou diversas posicións no seno do Parlamento. Na actualidade, serve na Dirección Xeral de Democracia Parlamentaria, como responsable de expedientes relativos ás relacións da Eurocámara cos Parlamentos Nacionais.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

15/05/24 ás 19:30

Compartir