Seminario Europa «Presente e futuro da seguridade e defensa europea» con José Julio Fernández Rodríguez

Seminario Europa «Presente e futuro da seguridade e defensa europea» con José Julio Fernández Rodríguez

160 160 people viewed this event.

O martes, 29 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con José Julio Fernández Rodríguez, Director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Presente e futuro da seguridade e defensa europea».

José Julio Fernández Rodríguez, é Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostea (USC), onde dirixe o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Anteriormente, foi delegado de protección de datos da USC e tamén serviu á Comunidade Autónoma de Galicia como Valedor do Pobo. É, ademais, doutor e licenciado en Dereito, licenciado en Ciencias Políticas, en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, e diplomado en Estudos de Seguridade e Defensa. Atesoura unha ampla experiencia docente, sendo autor de numerosas publicacións científicas (máis de 200 contribucións) editadas en 17 países. Participou como experto en diversos programas xurídicos internacionais de cooperación e de fortalecemento institucional (Cabo Verde, Perú, Turquía…). Recibiu a Cruz ao mérito naval do Reino de España.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

29/04/25 ás 19:30
 

Tipo de evento

Compartir