Seminario Europa: “Trump versus Von der Leyen: migracións e política”

Seminario Europa: “Trump versus Von der Leyen: migracións e política”

211 211 people viewed this event.

O xoves, 6 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Daniel González Palau, Director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional). O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Trump versus Von der Leyen: migracións e política».

Daniel González Palau dirixe o IGADI dende 2017. É Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015) e dende o ano 2018 é o editor do informe anual de relacións internacionais e política global, IGADI Annual Report. Dende 2022, dirixe o curso na Escola Galega de Administración Pública “A Axenda 2030 e a súa implementación nas Administracións Públicas” e é autor de Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local (IGADI, 2010), entre numerosos traballos no campo da acción exterior de Galicia.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

06/02/25 ás 19:30

Compartir